Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32322

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (195/2012).

No presente procedemento, xuízo verbal número 195/2012-C, seguido por instancia de Cosentino, S.A. fronte a Juan Carlos Núñez Reboredo, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Cosentino, S.A. fronte a Juan Carlos Núñez Reboredo, condeno o demandado a aboar á demandante a suma de 4.052,09 euros na forma e co xuro establecido no fundamento xurídico cuarto da presente.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra que se interpoñerá directamente neste xulgado o prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi publicada polo xuíz que a subscribe no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública coa miña asistencia o secretario, do que dou fe.

E encontrándose o devandito demandado, Juan Carlos Núñez Reboredo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 29 de abril de 2013

O/a secretario/a xudicial