Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Venres, 9 de agosto de 2013 Páx. 32325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1119/2010).

María Blanco Aquino, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 18.7.2013 no proceso seguido por instancia de Adriana Méndez Novo contra Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., admón. concursal de Proyectos y Estudios de Galicia, S.L, na persoa de Emilio Rodríguez de Dios, e o Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrouse cos autos nº 1119-10 e acordouse notificar a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Adriana Méndez Novo fronte a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. con intervención do Fogasa e a administración concursal da empresa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que aboe a parte demandante a cantidade de 3.817,77 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Proyectos y Estudios de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de xullo de 2013

A secretaria xudicial