Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32093

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (266/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 266/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Generosa Castrillón Cagiao contra a empresa Alicicecal, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Resolución:

1º. Que, estimando a demanda formulada por Generosa Castrillón Cagiao contra a empresa Alicecal, S.L., condénoa a aboarlle a cantidade de 3.326,46 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros, conforme o artigo 29.3 ET respecto de todos os conceptos con excepción de vacacións e festivos.

2º. E todo iso coa obriga do Fogasa de pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0266.11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0266.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Alicicecal, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xullo de 2013

O secretario xudicial