Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32091

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (550/2010).

María Lago Rivero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Recreativos Portas, S.L. fronte a Distribuciones Moroy, S.L., Moisés Rodríguez Gil e Roberto Corredoria Alonso ditouse sentenza no expediente ordinario número 550/2010, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

En Vigo o 13 de outubro de 2011.

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade co número 550/2010, promovidos por Recreativos Portas, S.L., representada pola procuradora Sra. Alonso Fernández e asistida da letrada Sra. Deza Martínez, contra Distribuciones Moroy, S.L., Moisés Rodríguez Gil e Roberto Corredoira Alonso, en situación procesual de rebeldía.

Decido:

Estimando integramente a demanda promovida por Recreativos Portas, S.L., contra Distribuciones Moroy, S.L., Moisés Rodríguez Gil e Roberto Corredoira Alonso, debo resolver e resolvo o contrato subscrito polas partes o 14 de setembro de 2004, por incumprimento dos demandados, condenando os demandados a aboar solidariamente á demandante a cantidade de 29.239,93 euros, máis xuros legais desde a interposición da demanda, con expresa imposición aos demandados das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíquese ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de apelación, que deberá interpoñerse neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación, para a Audiencia Provincial de Pontevedra.

E encontrándose os devanditos demandados, Distribuciones Moroy, S.L., Moisés Rodríguez Gil e Roberto Corredoira Alonso, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Vigo, 16 de xullo de 2013

A secretaria xudicial