Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32089

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1784/2013 CG).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1784/2013 CG seguido por instancia de Manuel Ángel Fontán Fructuoso, Manuel Andrade Pérez e Olusegun Sunkanmi Omoyele contra a empresa Prefrabricados Celas, S.L., María Begoña Cela Padín, Ana María Mariño García, Juan José Moraña Varela, Javier Álvarez Oubiña, Manuel Cela Barcariza, José V. Bugallo Reiriz, Fernando Lago Costoya, José Álvarez Oubiña, sobre modificación das condicións laborais, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva di:

Resolvemos que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado Gonzalo Torres García, en nome e representación da empresa Prefabricados Cela, S.L. contra a sentenza ditada no procedemento 440/2012 polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en xuízo seguido por instancia de Manuel Ángel Fontán Fructuoso, Manuel Andrade Pérez e Sunkanmi Omoleye Olusegun contra Prefabricados Cela, S.L. e outros, a sala revógaa integramente, declara xustificada a decisión empresarial impugnada e absolve a parte recorrente dos pedimentos da demanda. Unha vez firme a presente sentenza, procédase á devolución de todas as consignacións e do depósito e a cancelación dos aseguramentos prestados.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E, para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a María Begoña Cela Padín, Ana María Mariño García, Juan José Moraña Varela, Javier Álvarez Oubiña, Manuel Cela Barcariza, José V. Bugallo Reiriz, Fernando Lago Costoya, José Álvarez Oubiña, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Vilanoviña, s/n, Meis, Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de xullo de 2013

A secretaria xudicial