Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1144/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1144/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Arley Pinzón Morales contra a empresa Luis Orlando Iglesias e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución:

1º. Desestimo a demanda formulada por César Arley Pinzón Morales fronte aos herdeiros de Luis Orlando Iglesias, que non comparecen, e o Fogasa, e absolvo os demandados en relación coas pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal a Luis Orlando Iglesias, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de xullo de 2013

O secretario xudicial