Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31036

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (85/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 85/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Manuel Casanova Lameiro contra Jucarmi Logística, S.L., Logística Cecarmi Lugo, S.L., Julio Reguera Santos, Reguera Trans, S.L., Explotaciones Agrícolas Ife, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Julio Manuel Casanova Lameiro contra as empresas Julio Reguera Santos, Reguera Trans, S.L., Explotación Agrícola Ifre, S.L., Logística Cecarmi Lugo, S.L., Jucarmi Logística, S.L., e contra o Fogasa, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante con efectos do 18 de decembro de 2012, e condeno a empresa Explotación Agrícola Ifre, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do demandante nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento ou o aboamento dunha indemnización equivalente a 2.904,69 euros e, no caso de readmisión, a aboar ao traballador os salarios de tramitación en contía de 42,25 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización, entenderase que procede a primeira. Absolvo o resto dos demandados de todas as peticións formuladas na demanda e o Fogasa, sen prexuízo da ulterior responsabilidade que poida ter nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta sentenza aos representantes legais das partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado, ante o cal deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos no artigo 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Reguera Trans, S.L. e Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 10 de xullo de 2013

O secretario xudicial