Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31034

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (829/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 829/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisca Mercedes Sánchez Losada contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Francisca Mercedes Sánchez Losada, contra Esabe Vigilancia, S.A., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A., a que aboe ao demandante a cantidade de 4.207,91 euros brutos, polos salarios devindicados entre maio e xuño de 2012, paga extra de marzo de 2012 e diferenzas por actualización de convenio entre xaneiro e abril de 2012, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de xullo de 2013

A secretaria xudicial