Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 2 de agosto de 2013 Páx. 31037

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1004/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1004/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Montero Viqueira contra a empresa Escayolas Gasamáns, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que estimo a demanda interposta por Jesús Manuel Montero Viqueira fronte á mercantil Escayolas Gasamáns, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro improcedente o despedimento efectuado pola mercantil Gasamáns, S.L. con efectos do 31.10.2012.

2. Declaro extinguida a día de hoxe (12.6.2013) a relación laboral existente entre Jesús Manuel Montero Viqueira e a mercantil Escayolas Gasamáns, S.L.

3. Condeno a empresa Escayolas Gasamáns, S.L. a aboar á parte demandante a cantidade de 7.843,57 euros en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente resolución ás partes. Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamáns, S.L. insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2013

A secretaria xudicial