Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (679/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de sancións 679/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Alén Núñez contra a empresa Galicia Saudade, S.L., sobre sancións, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza: 359/2013.

Nº autos: sancións 679/2012.

Na cidade da Coruña o dezanove de xuño de dous mil trece.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre sancións entre partes, dunha e como demandante Josefa Alén Núñez, en cuxo nome e representación comparece o letrado José Páramo Sureda, e doutra, como demandado, Galicia Saudade, S.L., que non comparece.

Resolución:

1º. Estimar parcialmente a demanda presentada por Josefa Alén Núñez, sobre impugnación de sanción, fronte a Galicia Saudade, S.L., revogando a sanción de amoestación escrita obxecto dos presentes autos, todo iso con condena da empresa demandada a deixala sen efecto.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación á empresa Galicia Saudade, S.L., e se insira a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

O secretario xudicial