Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (123/2013).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 123/2013.

Demandante: José Luis Sánchez López.

Avogada: María Jesús Vázquez Bol.

Demandados: Puertas Ramón Rama, S.L., Fogasa.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 123/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Sánchez López contra a empresa Puertas Ramón Rama, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 401/2013.

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 123/2013.

A Coruña, 8 de xullo de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante José Luis Sánchez López, en cuxo nome e representación comparece a letrada Mª Jesús Vázquez Bol, e doutra como demandados Puertas Ramón Rama, S.L. e o Fogasa, que non comparecen.

Ditame.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Luis Sánchez López fronte á empresa Puertas Ramón Rama, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede á readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 55.597,08 euros

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de euros 44,12 €/día; e que ata a data da presente sentenza ascenden 8.560,19 euros.

3. O Fogasa deberá pasar por esta resolución nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0123.13, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0123.13, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que conste e lle sirva de notificación á empresa Puertas Ramón Rama, expídese o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de xullo de 2013

O secretario xudicial