Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Xoves, 1 de agosto de 2013 Páx. 30620

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense

EDICTO (234/2013).

María Regina Domínguez Cougil, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 234/13 seguido por instancia de R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A. fronte a Víctor Miguélez Prada ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Na cidade de Ourense o 5 de xuño de 2013.

Vistos por María del Pilar Domínguez Comesaña, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta cidade, os autos de xuízo verbal 234/2013 seguidos por instancia de R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., quen actúa representada pola procuradora María Gloria Sánchez Izquierdo e defendida polo letrado Ricardo A. Rodríguez Arias, contra Víctor Miguélez Prada, en situación procesual de rebeldía. Versan os presentes autos sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta pola procuradora María Gloria Sánchez Izquierdo, en representación de R Cable y Telecomunicaciones de Galicia, S.A., contra Víctor Miguélez Prada, condeno o devandito demandado a aboar á demandante a cantidade de 565,80 euros máis o xuro legal da devandita cantidade desde a data de petición de xuízo monitorio ata a data da sentenza a partir da cal se percibe o xuro previsto no artigo 576 da LAC. As custas impóñense á parte demandada.

Esta sentenza é firme, contra ela non cabe interpoñer recurso de apelación de conformidade co establecido no artigo 455 da LAC.

Así por esta sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado Víctor Miguélez Prada en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 1 de xullo de 2013