Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30270

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1213/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1213/2011 CG.

Xulgado de orixe/autos: demanda 384/2010 Xulgado do Social número 2 de Ferrol.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Pablo Torrado Oubiña.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Áridos de Reboredo, S.A. (Arbesa), Navantia, S.A., Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación, José Pena Purriños, Otemer, Ran Montajes, Navalsa, Innaval, S.L., Montajes Asturias, empresa Eduardo Mera Painceira, Explotaciones Noroeste, S.A.

Avogados: letrado Seguridade Social, (…), Juan Luis Díaz Pulido, Francisco Javier García Ruiz, Jorge Manuel Vázquez Miranda, María Celia Veiga Ramos ,(…), (…), (…), (…), (…).

Procuradores: (…), (…), (…), (…), Luis Sánchez González, (…), (…), (…), (…), (…), (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1213/2011 CG seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Áridos de Reboredo, S.A. (Arbesa), Navantia, S.A., Izar Construcciones Navales, S.A., en liquidación, José Pena Purriños, Otemer, Ran Montajes, Navalsa, Innaval, S.L., Montajes Asturias, empresa Eduardo Mera Painceira, Explotaciones Noroestes, S.A. sobre accidente, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Ditaminamos: estimando o recurso de suplicación interposto pola Mutua de Accidentes de Trabajo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social galega contra a Sentenza do 22 de novembro de 2010 do Xulgado do Social número 2 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia de José Pena Purriños contra a recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e as empresas Áridos de Reboredo, Izar, Navantia, Otemer, Pan Montajes, Navalsa, Innaval, Montajes Asturias, Eduardo Mera Painceira e Explotaciones del Noroeste, a sala revógaa e, con desestimación íntegra da demanda reitora de actuacións, absolvemos a totalidade dos demandados da totalidade dos pedimentos da demanda, e acordamos a devolución total de depósitos, consignacións e aseguramento.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Otemer, Ran Montajes, Navalsa, Innaval, S.L., Montajes Asturias, Empresa Eduardo Mera Painceira e Explotaciones Noroeste, S.A., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino a presente.

A Coruña, 9 de xullo de 2013

A secretaria xudicial