Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30268

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1291/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1291/2013 CRS.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 846/2012 Xulgado do Social número 2 de Lugo.

Recorrente: Fe Prieto Ares.

Avogada: María Esperanza Ferreiro Abelairas.

Recorridos: Fogasa, Xertigan Sociedade Cooperativa Galega.

M. Asunción Barrio Rúa, secretaria Judicial da Sección 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1291/2013 desta sección, seguido por instancia de Fe Prieto Ares contra a empresa Xertigan Sociedade Cooperativa Galega e Fogasa, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Ditame. Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Fe Prieto Ares contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Lugo, nos presentes autos sobre despedimento tramitados por instancia da recorrente fronte á empresa Xertigan, Sociedade Cooperativa Galega (SCG), debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Xertigan Sociedade Cooperativa Galega, con ultimo domicilio coñecido no lugar de Momán, s/n, Xermade, Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 8 de xullo de 2013

A secretaria xudicial