Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30272

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 560/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 560/2011 Casación 164/2013 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 20/2010 Xulgado do Social número 4 de Vigo.

Recorrente: Manuel Eugenio Díaz Lago.

Avogado: José Luis Feijoo Borrego.

Procuradora: María Dolores Luisa Villar Pispieiro.

Recorridos: Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija.

Avogados: Ramiro J. Andrés González, José Manuel González-Novo Martínez, Beatriz Goicoechea Fabregas, (…), Juan Miguel Griño Pascual de Bonanza, José Antonio Fernández Fernández.

Procuradores: (…), Juan Lage Fernández-Cervera, (…), (…), (…).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 560/2011 desta sección, seguido por instancia de Manuel Eugenio Díaz Lago contra a empresa Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., Reale Seguros Generales, S.A., Insuiña, S.L., Construcciones Norsema, S.L., Musaat Mutua de Seguros a Prima Fija, José Manuel Fouces Díaz, José Luis Rocha Portela, sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenacion da secretaria xudicial.

M. Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 5 de xullo de 2013

O anterior escrito presentado polo letrado José Luis Feijoo Borreo, en nome e representación de Manuel Eugenio Díaz Lago, únese ao recurso da súa razón. Tense por preparado o recurso de casación para unificación de doutrina e concédeselle á parte recorrente o prazo de quince días para interpor o recurso ante esta sala, facéndolle saber que os autos se encontran á súa disposición na oficina xudicial para a súa entrega ou exame se o considera necesario, e que deberá sinalar un domicilio para notificacións na sede do Tribunal Supremo, salvo que xa o designase.

Requírase a recorrente para que achegue no momento de interposición do recurso certificación da/s sentenza/s que invoca con expresión da súa firmeza.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo de que a parte impugnada se poida opoñer á admisión do recurso ao comparecer ante o Tribunal Supremo.

Acórdoo e asino. Dou fe.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para lle que sirva de notificación a Construcciones Norsema, S.L., con último domicilio coñecido na Falcoa, Portoloureiro, Castrelos, s/n, Vigo.

A Coruña, 9 de xullo de 2013

A secretaria xudicial