Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30274

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 666/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 666/2013 PM.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 1303/2011 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: María del Mar Maroño Arévalo.

Graduado social: Rafael A. Verdia Rodríguez.

Recorridos: Fogasa, Nogi Outeiro Orense, S.L., María Jacinta Sánchez Rodríguez.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 666/2013 PM desta sección, seguido por instancia de María del Mar Maroño Arévalo contra a empresa Nogi Outeiro Orense, S.L., María Jacinta Sánchez Rodríguez, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante contra a sentenza de data 10 de setembro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña nos autos número 1303/2011, seguidos por instancia da demandante María del Mar Moroño Arévalo contra Nogui Outeiro Orense, S.L. e Mª Jacinta Sánchez Rodríguez e Fogasa, sobre despedimento, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Nogi Outeiro Orense, S.L. e María Jacinta Sánchez Rodríguez, con último domicilio coñecido en Sada, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 9 de xullo de 2013

A secretaria xudicial