Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30278

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (358/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 358/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Loureda Centoira contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. Esoga, Construcciones Pepe, S.L., administracion concursal de Estructuras y Obras de Galicia, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 442/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 358/2013.

Demandante: Manuel Loureda Centoira.

Letrado: Sr. Martínez Ramonde.

Demandado:

– Estructuras y Obras de Galicia, S.L.

– Construcciones Pepe, S.L.

– Administración concursal Estructuras y Obras de Galicia, S.L.

Fogasa.

Sentenza 442/2013.

A Coruña, 26 de xuño de 2013.

Ditame:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Loureda Centoira fronte á empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L., e Construcciones Pepe, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena das empresas indicadas ao aboamento da indemnización detallada no número segundo deste ditame.

2º. A indemnización que aboarán as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 38.745,30 euros (trinta e oito mil setecentos corenta e cinco euros con trinta céntimos de euro).

3º. Todo iso coa obriga da administración concursal de pasar pola presente resolución nos termos previstos na Lei concursal e con absolución do Fogasa.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño desta neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e Construcciones Pepe, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

A secretaria xudicial