Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (341/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 341/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cintia Fernández Cotelo contra a empresa Sti Aditrat, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Ditame

1º. Que estimando a demanda formulada por Cintia Fernández Cotelo contra a empresa Sti Aditrat, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 709,80 euros, que lle debe en concepto de salarios.

2º. O Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e advírtaselles que contra esta sentenza non cabe interpor ningún recurso, ao abeiro do disposto no artigo 191 da LRXS.

Así, por esta sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Sti Aditrat, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de xullo de 2013

O secretario xudicial