Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (769/2012).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 769/2012.

Demandante: Ramon Vázquez Rial.

Avogado: Eugenio Moure González.

Demandados: Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Neo Energy Solutions Europe, S.L., Rann Logisti, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 769/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Vázquez Rial contra a empresa Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Neo Energy Solutions Europe, S.L., Rann Logisti, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Ditame.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Ramón Méndez Rial contra Neo Energy Solutions Europe, S.L., Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., Rann Logisti, S.L. e o Fogasa, e en consecuencia:

1º) Declaro resolta a relación laboral entre o demandante e Neo Energy Solutions Europe, S.L., e condeno esta última empresa a aboarlle ao demandante 41.086,91 euros en concepto de indemnización.

2º) Condeno a Neo Energy Solutions Europe, S.L. e a Servicio de Ingeniería y Montaje Alen, S.L. a aboarlle ao demandante solidariamente 5.147,11 euros polos salarios, axudas, quilometraxe e horas extras correspondentes a novembro e decembro de 2010, xaneiro, febreiro e decembro de 2011 e xaneiro de 2012.

3º) Condeno a Neo Energy Solutions Europe, S.L. a aboarlle ao demandante 31.404,09 euros en concepto de horas extras, axudas, quilometraxe e salarios devindicados desde febreiro a decembro de 2012.

4º) Aprecio a excepción de prescrición invocada polo Fogasa respecto do dito organismo, o cal non responderá dos importes reclamados correspondentes ás mensualidades de novembro, decembro 2010, que ascenden a 1.668,31 euros, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria respecto das restantes cantidades nos termos do artigo 33 do ET.

5º) Absolvo a empresa Raan Logisti, S.L.

6º) Desestimo os restantes pedimentos do demandante.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lles sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Neo Energy Solutions Europe, S.L. e Rann Logisti, S.L., por encontrarse en paradoiro descoñecido, insírese o presente edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2013

A secretaria xudicial