Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Martes, 30 de xullo de 2013 Páx. 30282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se dispón a notificación dunha proposta de resolución de expediente sancionador por infracción en materia de xogo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de xogo, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, situado na avenida da Habana, 79, 2º (Ourense), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Ourense, 11 de xullo de 2013

María Sol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº de expediente

Precepto infrinxido

Último domicilio

Sanción proposta

Nicolás Alfredo Sande Alonso

33237824-H

OU-18/12

Artigo 30.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro

R/ Doutor Ochoa, 37, 1º esq., Lugo

Apercibimento