Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29668

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1252/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1252/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Bienvenida Castiñeira García contra a empresa Alcoa Inespal, S.A., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., Flexiplan, S.A. E.T.T., Randstad Empleo, Empresa de Trabajo Temporal, S.A., GYT Clave, Policlínico Médico Sanitario, Sociedad de Prevención de Fremap, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 12 de xuño de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1252/2012, sendo demandante María Bienvenida Castiñeira García, asistida pola letrada Sra. Navarrete Rey, e demandadas a empresa Alcoa Inespal, S.L., que compareceu a través de Susana Arrojo González, coa representación do letrado Sr. Castiñeira Martínez, as empresas Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e Flexiplan, S.A., E.T.T., coa representación do letrado Sr. Orantes Canales, a empresa Randstad Empleo, Empresa de Trabajo Temporal, S.A., coa representación do letrado Sr. Fernández Victoria, a empresa GYT Clave e a empresa Policlínico Médico Sanitario, así como a entidade Sociedad de Prevención Fremap, que compareceu a través de Manuel Varela Montecelo, coa representación do letrado Sr. Fresco González, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por parte de María Bienvenida Castiñeira García contra as empresas Alcoa Inespal, S.L., Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A. e Flexiplan, S.A. E.T.T., Randstad Empleo, Empresa de Trabajo Temporal, S.A., GYT Clave e Policlínico Médico Sanitario, así como contra a entidade Sociedad de Prevención Fremap, na súa pretensión subsidiaria, e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento de María Bienvenida Castiñeira e condeno a empresa demandada Sociedad de Prevención Fremap a que, no prazo de 5 días desde a notificación da presente sentenza, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, importan a cantidade de 14.554,25 euros, aos caales deberán engadirse os que se devindiquen ata a notificación desta, a razón de 61,93 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento ao traballador da cantidade de 51.339,97 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación a GYT Clave e Policlínico Médico Sanitario, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 12 de xuño de 2013

A secretaria xudicial