De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas no expediente de multa por infracción en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.
Contra esta resolución poderán interpoñer os interesados recursos de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.
Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, deberán aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da xefatura territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no dito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Nova Galicia Banco, facendo constar o número de expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).
Pontevedra, 3 de xullo de 2013
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nome |
DNI/NIF |
Nº expte. |
Precepto infrinxido |
Último domicilio |
Resolución |
Manuel Abelleiro Rey |
35405233E |
PO-63/13 NL |
Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro |
R/ Gradín, 27, 36680 A Estrada |
Multa de 600 € |
Chanteclair, S.L. |
B36591840 |
PO-125/13 |
Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro |
R/ Concello,1, bloque A, 36612 Catoira |
Multa de 120 € |
Chanteclair, S.L. |
B36591840 |
PO-131/13 |
Artigo 23.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro |
R/ Concello,1, bloque A, 36612 Catoira |
Multa de 180 € |