Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29667

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (569/2012).

Número de autos: procedimiento ordinario 569/2012.

Demandantes: Sonia María Blanco Planas.

Demandados: Servigestión Pérez Llanos, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 569/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia María Blanco Planas contra a empresa Servigestión Pérez Llanos, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo ditame di: que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Sonia María Blanco Planas contra Servigestión Pérez Llanos, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Servigestión Pérez Llanos, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.864,35 € brutos polos salarios devindicados, paga extra marzo 2011, xaneiro a marzo de 2012 e parte proporcional pagas extras 2012, así como a compensación económica por vacacións 2012, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais e a cantidade de 267,52 € por indemnizacións por fin de contratos.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpor ningún recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para lle que sirva de notificación á empresa Servigestión Pérez Llanos, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

A secretaria xudicial