Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29665

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1213/2012).

Número de autos: procedimiento ordinario 1213/2012.

Demandantes: Mihai Boros, Miguel Escabia Rosero.

Demandados: Construcciones del Noroeste 2005, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1213/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mihai Boros, Miguel Escabia Rosero contra a empresa Construcciones del Noroeste 2005, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, en data 1.7.2013 ditouse sentenza cuxo ditame literalmente di así:

«Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mihai Boros e Miguel Escabia Rosero contra Construcciones del Noroeste 2005, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Construciones del Noroeste 2005, S.L. a que lles aboe aos demandantes as cantidades que a continuación se explicitarán:

– A Mihai Boros, a cantidade de 8.839,17 € brutos polos salarios devindicados nos meses de decembro de 2009 a maio de 2010, as pagas extras de decembro de 2009 e xullo de 2010 e a compensación económica polo non desfrute de vacacións no ano 2010, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais, e a cantidade de 449,10 € por indemnización por fin de contrato.

– A Miguel Escabia Rosero, a cantidade de 7.894,9 € brutos, polos salarios devindicados nos meses de decembro de 2009 a maio de 2010 e a compensación económica polo non desfrute de vacacións no ano 2010, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais e a cantidade de 582,37 €, que resta por aboar de indemnización por fin de contrato.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Construcciones del Noroeste 2005, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

A secretaria xudicial