Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 24 de xullo de 2013 Páx. 29663

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (23/2013).

Número de autos: despido/ceses en general 23/2013.

Demandante: Ana Belén Amil Bestilleiro.

Avogado: Xoán Antón Pérez-Lema López.

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Ecologic High Chemical, S.L.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 23/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Belén Amil Bestilleiro contra a empresa Ecologic High Chemical, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento e salarios, en data 3.7.2013 ditouse sentenza cuxo ditame literalmente di así:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Ana Belén Amil Bestilleiro contra a entidade Ecologic High Chemical, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto en data 30 de novembro de 2012, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Ecologic High Chemical, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 14.828,14 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana Belén Amil Bestilleiro contra a entidade Ecologic High Chemical, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Ecologic High Chemical, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 573,76 € líquidos correspondentes a setembro de 2012, e 7.155,68 € brutos polos salarios devindicados en agosto, outubro, novembro e ata o 3 de decembro de 2012, así como as pagas extras, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Ecologic High Chemical, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 4 de xullo de 2013

A secretaria xudicial