Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29332

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1376/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1376/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Sánchez Gómez contra a empresa Grupo Lindega Asociados, S.L., Servicio Líder Coordinado, S.L., Singal Coruña, S.L., María Jesús Taboada Novo y Otra, S.L. (Limpezas La Cristalina), Fondo de Garantía Salarial (Fogasa). sobre despedimento, ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 18 de xuño de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1376/2012, sendo demandante María Teresa Sánchez Gómez, asistidos polo letrado Sr. Méndez Sanjurjo, e demandadas as empresas Grupo Lindega Asociados, S.L., Servicio Líder Coordinado, S.L., Singal Coruña, S.L., comparecida a través de David Edrosa Liste, coa representación do letrado Sr. Rodríguez González, e María Jesús Taboada Novo y Otra, S.L. (Limpezas La Cristalina), comparecida a través de María Jesús Taboada Novo e de María del Sol Otero Dovao, despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por parte de María Teresa Sánchez Gómez contra as empresas Grupo Lindega Asociados, S.L., Servicio Líder Coordinado, S.L., Singal Coruña, S.L., e María Jesús Taboada Novoy y Otra, S.L. (Limpezas La Cristalina), e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato laboral da demandante e condeno a empresa demandada Grupo Lindega Asociados, S.L., a que, no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, opte entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, e iso con aboamento dos salarios de tramitación que, dende a data do despedimento ata a da presente sentenza, importan a cantidade de 6.871,19 euros, aos que haberán de engadirse os que se perciban ata a notificación desta, a razón de trinta euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento a María Teresa Sánchez Gómez da cantidade de 5.700 euros en concepto de indemnización.

Do mesmo xeito, absolvo as empresas demandadas Servicio Líder Coordinado, S.L., Singal Coruña, S.L. e María Jesús Taboada Novo y Otra, S.L. (Limpezas La Cristalina) de cantas pretensións se exercitaran na súa contra en méritos deste procedemento.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Grupo Lindega Asociados, S.L. e Servicio Líder Coordinado, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 18 de xuño de 2013

A secretaria xudicial