Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29330

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (327/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 327/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Manuel Otero Velo contra a empresa Estruturas y Obras de Galicia, S.L. Esoga e Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 415/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: Despedimento 327/2013.

Demandante: Víctor Manuel Otero Velo.

Letrado: sra. Sole García.

Demandados: Estruturas y Obras de Galicia, S.L. e Fogasa.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

Resolvo:

1. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Víctor Manuel Otero Velo contra a empresa Estruturas y Obras de Galicia, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á escolla da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise até a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 65.208,15 euros (sesenta e cinco mil douscentos oito euros con quince céntimos de euro).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento até a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 97,80 euros/día.

3. Todo isto con absolución do Fogasa.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo do Social da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Estruturas y Obras de Galicia, S.L. Esoga, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xuño de 2013

A secretaria xudicial