Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29328

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (OAL 88/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento P. oficio autoridade laboral 88/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña contra a empresa Sigüeiro Norte, S.L. e Nelson David Colma Britez, sobre procedemento de oficio, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva di:

Sentenza.

A Coruña, 13 de maio de 2013.

Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 88/2011 nos cales é parte, dun lado, como demandante, a Inspección Provincial de Traballo e SS. da Coruña, representada polo letrado do Estado, e doutro, como demandados Sigüeiro Norte, S.L., representada por José Regueiro López, asistida por letrado, e Nelson David Colma Britez, que non comparece, sobre procedemento de oficio, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Resolvo.

Desestimar a demanda de procedemento de oficio presentada pola Inspección de Traballo e da Seguridade Social contra a empresa Sigüeiro Norte, S.L. e David Colma Britez.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente-causa dun deles ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nelson David Colma Britez, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de xullo de 2013

A secretaria xudicial