Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29327

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia

EDICTO (106/2012).

No procedemento seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia baixo a clase e o número ordinario 106/2012, por instancia de Aislamientos del Norte Rodríguez Santamaría, S.L. contra Adán Vidal Freire, ditouse sentenza condenatoria contra o Sr. Vidal Freire, con data do 15 de xaneiro de 2013, cuxo contido íntegro está á súa disposición na Secretaría do xulgado. A sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que para o Sr. Vidal Freire se computarán desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Adán Vidal Freire, expídese este edicto para que lle sirva de cédula de notificación ao demandado e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Noia, 15 de marzo de 2013

O secretario xudicial