Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29325

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

EDICTO (564/2012).

Rebeca Delgado Marzán, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol dá fe de que no presente procedemento seguido por instancia de Rosa Yineth López Martínez fronte a Jorge Armando Restrepo Ortega se ditou sentenza, cuxo extracto literal di:

Sentenza.

Ferrol, 3 de xullo de 2013.

Vistos por min, Mónica Ferreiro Quintas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos desta localidade, os presentes autos de medidas paterno-filiais número 564/2012 seguidos perante este xulgado por instancia de Rosa Yineth López Martínez, representada pola procuradora Sra. Vidal Castiñeira, substituída na vista polo Sr. Manivesa Pantín e asistida polo letrado Sr. Crego Fojo, fronte a Jorge Armando Restrepo Ortega, en rebeldía; coa intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que estimando a demanda de medidas paterno-filiais interposta por Rosa Yineth López Martínez, representada pola procuradora Sra. Vidal Castiñeira, contra Jorge Armando Restrepo Ortega, en rebeldía, debo declarar e declaro as seguintes medidas definitivas respecto da menor, Ashley Restrepo López:

1. Que a patria potestade da filla menor Ashley Restrepo López será compartida; así como que a súa garda e custodia lle corresponderá á nai.

2. Que o dereito de visitas a favor do pai consistirá en que se poderá comunicar coa súa filla unha semana o sábado desde as 16.00 ata as 20.00 horas; e a semana seguinte, o domingo desde as 12.00 ata as 14.00 horas; na falta de concreción por parte da solicitante, as visitas deberanse realizar no lugar que pacten os proxenitores ou, na falta de acordo, no domicilio materno.

3. Que o pai deberá aboar unha pensión alimenticia a prol da filla menor Ashley Restrepo López de 150 euros mensuais, que pagará dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe a nai, cantidade que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o IPC que publique o INE ou organismo oficial que puider substituílo, máis a metade dos gastos extraordinarios, respecto aos cales convén precisar que por tales se entenderán os que son puntuais, excepcionais ou imprevisibles ou que non se produce con certa periodicidade, como, por exemplo, os gastos médico-farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social. En calquera caso, os gastos extraordinarios deben ser decididos polos dous proxenitores e logo de consentimento do non custodio, a non ser que respondan a situacións de urxente necesidade, suposto en que e, na falta de acordo, poden ser autorizados xudicialmente.

Sen expreso pronunciamento en custas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que esta non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación no prazo dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para o cal se deberá ter en conta o disposto en canto ao depósito de determinada cantidade de diñeiro, na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder judicial, a cal foi engadida mediante a reforma operada pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial.

Así, por esta miña sentenza, xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola xuíz que a subscribe cando estaba celebrando audiencia no día da súa data, do que dou fe.

Ao se atopar o dito demandado Jorge Armando Restrepo Ortega, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 4 de xullo de 2013

Rebeca Delgado Marzán
Secretaria xudicial