Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29324

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (495/2012).

Carlota Fernández Ambrós, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dá fe e certifica:

Ditouse sentenza no xuízo ordinario 495/2012-AL, no cal é demandante a mercantil Friarte Galicia, S.L. e demandada Gestión de Carnes Gallegas, S.L.

Da dita sentenza a interesada poderá ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado.

A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días, contados a partir desta publicación, que se deberá interpoñer neste xulgado.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da demandada Gestión de Carnes Gallegas, S.L. e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 24 de maio de 2013

A secretaria xudicial