Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29322

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (754/2012).

Eu, María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza civil 754/2012, dimanante do concurso abreviado 208/2009, procedente do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, recaeu sentenza do teor literal seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez.

María Begoña Rodríguez González.

Jacinto José Pérez Benítez,

ditou en nome do rei a seguinte sentenza número 52.

En Pontevedra, 30 de xaneiro de 2013.

Vistos en grao de apelación ante a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de concurso abreviado 208/2009, procedentes do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, aos cales lles correspondeu a peza número 754/2012, en que aparece como parte apelante Gran Patio, S.L., Vicente San Juan Iglesias González, Daniel Tapia Rodríguez, José Manuel Martínez Magdalena, Emilio González Gil, Faper España, S.L., Josju, S.L., Gabino Yubero Ledo, Rosa Rodríguez Domínguez, José Luis Pereira Alonso, representado pola procuradora Patricia Cabido Valladar e asistido polo letrado José Pérez Pousa; Ana Guerrero Rodríguez, María Teresa Vázquez Cortiñas, Camilo Iglesias Rodríguez, representado polo procurador Senén Soto Santiago e asistido do letrado Joaquín Bonet Malvido; Cándido Álvarez Romero, representado pola procuradora María del Carmen Vidal Rodríguez e asistido do letrado Balbino Irisarri Castro; Inversiones y Proyectos de Futuro, S.L., Hotel Apart Princesa, S.L., Shopping Inmobiliario, S.L., A Pioteira, S.L., Shopping Control, S.L., Proyectos Mos, S.L., Shopping Praza, S.L., Residencia Villagarcía Centro, S.L., Torrecedeira 102, S.L., Arestinga, S.L., Protecla, S.L., Varios Arreglos, S.L., Juan Griego, S.L., Travesía Rosal, S.L., representado pola procuradora María Carmen Vidal Rodríguez e asistido do letrado Balbino Irisarri Castro, e como parte apelada Ministerio Fiscal, administración concursal de Gran Patio, S.L., Shopping Vigo, S.L., Promociones Sanjurjo Badía, S.L., que non compareceron nesta alzada, e sendo relator o maxistrado Jacinto José Pérez Benítez, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvemos que, estimando os recursos de apelación deducidos por Gran Patio, S.L., Vicente San Juan Iglesias González, Daniel Tapia Rodríguez, José Manuel Martínez Magdalena, Emilio González Gil, Faper España, S.L., Josju, S.L., Gabino Yubero Ledo, Rosa Rodríguez Domínguez, José Luis Pereira Alonso, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra en autos da Sección Sexta do concurso abreviado 208/2009, deixamos sen efectos a dita resolución e no seu lugar declaramos fortuíto o concurso da entidade Gran Patio, S.L., sen pronunciamiento en canto ás custas devindicadas nesta alzada.

Así, por esta nosa sentenza, da cal se porá testemuño nos autos principais, con inclusión do orixinal no libro correspondente, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Seguen as rúbricas. Certifico».

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Promociones Sanjurjo Badía, S.L., expido e asino este edicto.

Pontevedra, 8 de abril de 2013

Mª Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial