Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (623/2012).

Eu, Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 623/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña contra a empresa Neo Energy Solutions, S.L., Raann Logisti, S.L., Fogasa, Servicios de Ingeniería y Montaje Alen, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 2 de xullo de 2012, e condeno a Ingeniería y Montaje Alen, S.L., a Neo Energy Solutions Europe, S.L. e a Raam Logisti, S.L. a se ateren á anterior declaración e a aboaren ao demandante de forma solidaria unha indemnización de 45 días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos de tempo inferiores a un ano, polo tempo transcorrido desde o inicio da prestación de servizos de cada un deles ata o 11 de febreiro de 2012 incluído e unha indemnización de 33 días de salario por ano de servizo desde o 12 de febreiro de 2012 ata a data de firmeza desta sentenza, que se cuantifica en 10.149,55 euros. Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo do cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; para isto abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Neo Energy Solutions, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2013

A secretaria xudicial