Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29336

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (NOT PO 35/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 35/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Núñez Gómez contra a empresa Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

Decreto:

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013.

Parte dispositiva:

Acordo:

– Admitir a demanda presentada de reclamación de cantidade.

– Estar á espera de sinalamento do día e hora para a celebración dos actos de conciliación e/ou xuízo, sinalamento que se acordará por medio da correspondente dilixencia de ordenación con expedición das correspondentes cédulas de citación ás partes.

– Requírase ás partes, para o caso de que non figure en autos, que designen un número de fax para os efectos de notificacións, co fin de axilizar a comunicación da nova sinalización; unha vez achegado, únase ao procedemento para a súa constancia en autos.

– Notifíquese a presente resolución ás partes, acompañada de copia da demanda.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª do acordado.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación a Denim Sport Wear, S.L. (antes Don Vaquero Sport Wear), Don Vaquero Sport Wear, S.L., por acharse en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

A secretaria xudicial