Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2013 Páx. 29338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (811/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 811/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Parga Brocos contra as empresas Iglesias Miras, S.A., Climatizaciones Compostela, S.A., Ferrecal, S.A., Sanitarios Compostela, S.A., Promociones Raplou, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2013.

A parte demandante presentou escrito no cal desiste da demanda e dado que están citados a xuízo os demandados, dáselles traslado da desistencia por prazo de dez días para que mostren ou non a súa conformidade, segundo o disposto no artigo 20.3 da LAC.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá perante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Iglesias Miras, S.A. e Climatizaciones Compostela, S.A., por encontrarse en ignorado paradoiro, insírese este edicto no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2013

A secretaria xudicial