Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28803

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1010-12).

Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1010/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de María Claribel Martínez Ramírez contra a empresa Ramón Carlín Couto, S.L., Ramón Carlín Couto, S.C., Ramón Carlín Cebreiros, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Tense a María Claribel Martínez Ramírez por desistida da demanda de despedimento emprendida contra Ramón Carlín Cebreiros, S.C., Ramón Carlín Couto, S.C., Mercedes González Noal, Miguel Cebreiros e Ramón Carlín Couto, con arquivamento do presente procedemento respecto destes.

Tense a María Claribel Martínez Ramírez por desistida da petición principal contida na demanda de despedimento que deu orixe ao presente procedemento, acerca da declaración de nulidade do despedimento.

Que, estimando integramente a demanda interposta por María Claribel Martínez Ramírez contra Ramón Carlín Couto, S.L. e o Fogasa, declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada con efectos do 6 de novembro de 2012, e declaro extinguida con data da presente resolución a relación laboral que vinculaba a María Claribel Martínez Ramírez con Ramón Carlín Couto, S.L., e debo condenar e condeno a mercantil demandada a que aboe á demandante a suma de nove mil oitocentos cincuenta e tres euros con setenta e un céntimos (9.853,71 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual, con responsabilidade do Fogasa nos termos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándo e asínoo.»

E para que sirva de notificación en legal forma ás entidades Ramon Carlín Cebreiros, S.C., Ramón Carlín Couto, S.C, e Ramón Carlín Couto, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

A secretaria xudicial