Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28802

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (7/2012).

Nº autos: execución de títulos xudiciais 7/2012.

Demandante: Raúl Burnat Sánchez.

Avogado: Ángel García González.

Demandados: Antonio María Rosón Ferreiro, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Avogado: Manuel López Núñez, Fogasa.

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 7/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Raúl Burnat Sánchez contra o empresario Antonio María Rosón Ferreiro, sobre cantidade, se ditou Decreto 236/2013, do 24 de abril, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia total, que se entenderá para todos os efectos como provisional, do executado Antonio María Rosón Ferreiro (DNI 33215610E) pola suma de 5.752,68 euros. O que se fai público para os efectos previdos no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

A secretaria xudicial