Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28800

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1255/2012).

Número de autos: despedimento/cesamentos en xeral 1255/2012.

Demandante: Jorge Santamaría Cubes.

Avogado: Antonio Pousa Meréns.

Demandados: Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L., Fondo de Garantía Salarial.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1255/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Santamaría Cubes contra a empresa Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, o día 26.6.2013 se ditou sentenza, cuxa decisión di textualmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Jorge Santamaría Cubes, contra a entidade Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 19 de outubro de 2012, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento de 9.676,30 €.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Jorge Santamaría Cubes, contra a entidade Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 4.028,75 € brutos, polos salarios devindicados en agosto, setembro e ata o 19 de outubro de 2012, así como a compensación económica pola falta de desfrute de vacacións, do ano 2012, e a falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Advírtaselle ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Solucións Enerxéticas Integrais Lóstrego, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de xullo de 2013

A secretaria xudicial