Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28799

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (75/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento Seguridade Social 75/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Ferreiro Pereira contra a empresa Escavacións e Transportes Viéites, S.L., Fraternidade Muprespa, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, o día 19 de xuño de 2013 se ditou a sentenza cuxa decisión di textualmente:

«Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Manuel Ferreiro Pereira, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidade Muprespa e Escavaciones y Transportes Viéites, S.L., e en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra esta articuladas en relación ao dereito a unha prestación por incapacidade permanente, sen prexuízo de estimar a impugnación da continxencia fixada polas anteriores na súa Resolución do 7 de novembro de 2011, que se estima ha de ser “accidente laboral”, único sentido no que ha de ser modificada esta.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sala do social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados dende a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Escavaciones y Transportes Viéites, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de localizacións, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 1 de xullo de 2013

A secretaria xudicial