Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28797

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (161/2011).

María del Carmen Santos Caballero, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento ordinario 161/2011 seguido por instancia de Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. fronte a Luis García Escorcia ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta pola demandante Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., con procurador Sr. Martínez Melón, fronte a Luis García Escorcia en situación de rebeldía procesual. Debo condenar e condeno a demandada a pagar á demandante a cantidade de corenta e cinco mil cento nove euros con dezasete céntimos (45.109,17 €), máis os xuros do artigo 576 LAC. Con expresa imposición á demandada das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao Libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O recurso de apelación interpoñerase ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna.

E encontrándose o devandito demandado, Luis García Escorcia en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Cambados, 18 de abril de 2013

A secretaria xudicial