Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28795

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 675/2011-FF-).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 675 /2011(-FF-).

Xulgado de orixe/autos: demanda 29/2010 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial y Comercial, S.L., José Antonio Castro Maquieira.

Avogado: Celestino Barros Pena.

Procuradora: Ana María Tejelo Núñez.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso suplicación 675/2011 desta sección, seguido por instancia de José Antonio Castro Maquieira, sobre accidente de grao, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos:

Estimamos os recursos de suplicación formulados pola letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do Instituto Nacional da Seguridade Social e de Luis Esteban Leyenda Martínez, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza do 30 de xuño de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, nos autos núm. 29/10, seguidos por instancia de José Antonio Castro Maquieira, sobre invalidez, revogando a expresada resolución e absolvendo o organismo e a mutua demandados da petición deducida no escrito reitor.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a SB Industrial y Comercial, S.L., en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña no 15 de maio de 2013.

A Coruña, 1 de xullo de 2013

A secretaria xudicial