Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28793

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3658/2011-CON).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 3658/2011-CON.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 644/2010, Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrente: Impress Metal Packaging Ibérica, S.A. Avogado: Manuel Castro-Rial Abad. Procuradora: Carmen Belo González.

Recorridos: Consellería de Traballo e Benestar, Ábside Recursos Humanos ETT, S.A. Avogado/a: Letrado Comunidade (Servizo Provincial).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3658/2011-CON desta sala, seguido por instancia de Impress Metal Packaging Ibérica, S.A. contra a empresa Consellería de Traballo e Benestar, Ábside Recursos Humanos ETT, S.A. sobre cesión ilegal, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandada Impress Metal Packaging Ibérica, S.A., contra a Sentenza do 18 de abril de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra, en autos 644/2010, confirmamos a sentenza impugnada.

De acordo co artigo 233.1 da LPL, a empresa codemandada-recorrente ten de aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante do recurso, polo importe de trescentos euros (300 €), dándoselle aos depósitos constituídos o destino legal correspondente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo concepto “Recurso” seguido do código “35 Social Casación”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír, despois da conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social Casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de xuño de 2013

A secretaria xudicial