Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2013 Páx. 28805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución de arquivamento da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/00007).

Intentada a notificación aos interesados que se indican a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución de arquivamento da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, 27071 Lugo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Lugo, 8 de maio de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente

NIF

Interesados

LU-2013/00007

77595867P

A00184281

Lourdes Rodríguez Hernandez

Alla Niang