Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 1111/2012-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 1111/2012, por instancia de Víctor Manuel Romero Díaz contra Tourón, S.L., a Administración concursal e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales o día oito de maio se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Resolvo que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Víctor Manuel Romero Díaz, contra a entidade 1992 Tourón, S.L. e a súa Administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que o actor foi obxecto con data do 15 de setembro de 2012, con efectos desde o 12 de setembro de 2012, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade; e condeno a entidade 1992 Tourón, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 8.207,81 €, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento e esta resolución, cuantificados a razón de 35,22 € diarios, polo tanto, 7.855,55 €.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1 a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co núm. 47570000, código 36 e o nº de expediente, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste, para inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Tourón, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de xuño de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial