Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28643

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 1204/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 1204/2012 por instancia de José Manuel Díaz Prieto contra Esabe Vigilancia, S.A. e Sabico Seguridad, S.A., coa intervención do Ministerio Fiscal e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento nulo, nos cales no día 18 de xuño de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Ditame.

Que debo estimar e estimo a demanda de despedimento interposta por José Manuel Díaz Prieto contra Esabe Vigilancia, S.A. e, en consecuencia, debo declarar e declaro nulo o despedimento de que foi obxecto o 3 de outubro de 2012, e en consecuencia debo condenar e condeno a Esabe Vigilancia, S.A. a que proceda á inmediata readmisión do traballador, con aboamento dos salarios de tramitación devindicados desde tal data, a razón de 72,50 € día, e ao aboamento dunha indemnización por indemnización por danos e perdas, a razón de 5.000 €.

Que debo desestimar e desestimo a demanda de despedimento interposta por José Manuel Díaz Prieto contra Sabico Seguridad, S.A. e, en consecuencia, debo absolvela das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Esabe Vigilancia, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de xuño de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial