Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 832/2012).

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2013.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 832/2012 e acumulado 302/2013, promovidos ante este xulgado do social, sobre despedimento, resolución contractual e reclamación de cantidade, por instancia de Jesús Luis Montero Ares, asistido polo letrado Manuel López Núñez contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L., San Rent, S.L., Autos 33, S.A., que non comparecen, Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

Ditame.

Que debo estimar e estimo a acción de despedimento formulada por Jesús Luis Montero Ares contra APV Motor, S.A., Autos 33, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento do demandante de que foi obxecto con efectos do 15 de febreiro de 2013 e condeno solidariamente as demandadas a optar entre readmitir o traballador nas mesmas condicións que rexían antes do despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir a razón dun salario diario de 57,61 euros brutos ou a aboar a indemnización de 64.226,46 euros con extinción da relación laboral.

Estimo parcialmente a acción de reclamación de cantidade e condeno as demandadas a aboarlle solidariamente ao demandante 7.398,66 euros.

Desestimo a acción de resolución contractual.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatutos dos traballadores.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.