Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28646

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (48/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 48/2013.

Demandante: Miguel Rodríguez Landeira.

Demandado: Cubiertas Méndez, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 48/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Rodríguez Landeira contra a empresa Cubiertas Méndez, S.L., se ditou decreto en data 30 de marzo de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do auto:

“Parte dispositiva:

Acordo declarar o/s executado/s Cubiertas Méndez, S.L., en situación de insolvencia total, por importe de 4.558,92 euros de principal, 733,17 euros de xuros de demora, máis 529,20 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

Levar o orixinal no libro de decretos e deixar o testemuño nos presentes autos.

Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 5076 no Banco Español de Crédito, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Cubiertas Méndez, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2013

A secretaria xudicial