Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/12).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10, 3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT en Pazo Vilaño.

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas: liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, de 0,024 km de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-OL-12/20 kV-3 (1×150 Al), coa orixe en arqueta proxectada na canalización pola que discorre a liña existente do CT Vilaño Vello (expediente 206/06), e final no paso aerosubterráneo que se realizará no apoio proxectado de tipo C-16/3.000, que se intercalará na LMT Areosa-Montes Claros (expediente 52.080).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 12 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña