Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28650

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Forcarei (expediente IN407A 2013/135-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avenida do Parque, 11, apartado 6, 36540 Silleda.

Denominación: LMTS, CD, CT, RBT Filloi-Muiñeira.

Situación: Forcarei.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 950 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 1 da LMTA a Castro de Muras e final no CT proxectado. Centro de distribución e transformación, cun trafo de 75 kVA. RBT aérea de 850 metros con condutor RZ. A instalación está situada en Muiñeira, Filloi, Forcarei.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de xuño de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra