Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2013 Páx. 28651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2013/79).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avda. de Arteixo, nº 19, 1º D, 15004 A Coruña

Denominación: recuamento no Cancelo.

Situación: A Laracha.

Características técnicas:

Desmontaxe de tramo de LMT aérea en condutor tipo LA-30 que actualmente alimenta ao CT reloxeiro (113 m), así como dos dous apoios de formigón (expte.: 528/2005).

Desmontaxe de tramo de liña subterránea de MT en condutor tipo RHZ1-OL-12/20 kV, entre urb. Cancelo II (expte.: 528/2005) e o paso de subterráneo a aéreo.

Desmontaxe de aparamenta de media e baixa tensión do CT reloxeiro, deixando unicamente a caseta de obra civil existente co fin de manter o equipo de medida do cliente situado ao lado deste CT.

Proxéctanse tres liñas de BT subterráneas do CT urb. Cancelo II (expte.: 528/2005) en condutores de tipo RV-0,6/1 kV, 4(1×240 AL), cunha lonxitude de 623 m.

Substitución de dous apoios de formigón existentes por outros novos de tipo HV-11/630 e tender dous vans de liña de BT aérea en condutores de tipo RZ-3×95/54,6 (lonxitude total de 74 m).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de xuño de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña